Apoio aos traballadores de Electrorayma
O BNG de Narón mostramos todo o noso apoio ás persoas traballadoras de Electrorayma, unha das primeiras empresas que se afincou no polígono industrial do Río do Pozo, en Narón, na súa loita polos seus dereitos e porque non vivamos o peche doutra empresa na nosa comarca.
A situación que están sufrindo agora mesmo os traballadores desta empresa por mór dunha débeda da empresa pública Navantia é insostible, tendo que estar todos os días na rúa e na loita para conseguir que as dúas empresas, Navantia e Electrorayma, se reúnan e cheguen a acordos. Hoxe é un día clave nas negociacións e agardamos que Navantia, empresa pública teña altura de miras e chegue a un acordo con electrorayma.
O BNG levamos a precaria situación das auxiliares do naval ao Parlamento Galego e ao Congreso e seguiremos apoiando aos traballadores e traballadoras para que esta comarca non sega a esmorecer.