Representantes do BNG de Narón acompañan a Mon Fernández (candidato nº 5 pola provincia da Coruña) na súa visita á parroquia do Val

IMG-20200701-WA0026
O candidato nº 5 pola provincia da Coruña, Mon Fernández, estivo na parroquia do Val, acompañado de Geno Carballeira (concelleiro) e Marta Grandal (responsábel local). Tras coñecer pola prensa e pola información que a Asociación de Veciños do Val traslada ao Grupo Municipal do BNG o mal estado no que se atopan a Estrada de Baltar  (AC-114) e as beirarrúas da Estrada principal que atravesa esta parroquia (AC-116), achegámonos ata alí para falar cos veciños e ver cal é a verdadeira situación.

Estas dúas vías son de titularidade da Xunta de Galiza e puidemos comprobar, dando un paseo por elas con representantes da Asociación e algúns veciños e veciñas, o lamentable estado no que se atopan. A Estrada de Baltar está en moi mal estado en todo o seu percorrido e a veciñanza leva máis dun ano solicitando que se arranxe pero ninguén lles da unha solución. Por esta Estrada íase levar a cabo unha parte da senda peonil e, supostamente, ao mesmo tempo que se facía ésta aproveitaba o Concello para facer a acometida do saneamento. A día de hoxe nin senda nin saneamento, e aínda por riba fochancas e o mal estado do que falamos.

Están fartos de mandar escritos á Xunta de Galiza pedindo o arranxo da estrada e a única resposta que obtiveron é que non é unha estrada de prioridade por ter pouco tránsito de vehículos (arredor duns 700 diarios). O Goberno do Concello de Narón, ao cal lle pediron que presionase á Xunta, dalles o silencio por resposta. Ao non dar aclarado a situación na que se atopan dirixíronse ao portavoz do PP de Narón (Germán Castrillón), a ver si éste pode facer algo cos seus socios de Goberno da Xunta de Galiza e a resposta que lles da este señor é que a Xunta está á espera de que o Concello de Narón lles comunique as obras do saneamento e logo xa eles interveñen para arranxar a vía.

No pasado pleno do mes de xuño, a petición da Asociación de Veciños do Val, o BNG trasladou unha pregunta á alcaldesa, que dicía o seguinte: "Señora Alcaldesa, pode concretarnos si é certo que a intención da Xunta é esperar a que se lles comunique a obra do saneamento e si existe algunha comunicación que o corrobore? Qué accións pensa facer a súa administración ao respecto deste tema? Pensa reunirse con responsables da Xunta para solucionalo? Cando?".  Informa Geno Carballeira aos veciños que a resposta a todo isto foi "que non teñen nin idea de todo isto, non poden respostarnos e aínda por riba o portavoz do PP  nin siquiera se pronunciou nin dixo en ningún momento que falase cos veciños nin coa Xunta de Galiza sobre as intervencións necesarias e urxentes a realizar nesta vía".

Ao mesmo tempo comprobamos o nulo mantemento que a mesma Xunta está a levar a cabo nas beirrarrúas da Estrada principal, están cheas de herbas que nacen polo medio das baldosas, hai baldosas levantadas nas que é moi fácil tropezar, faltan baldosas en moitos sitios... polo que é moi difícil transitar por elas e incluso podiamos dicir que imposible para cadeiras de rodas ou mesmo carros de bebés.

Mon Fernández, despois de escoitar á veciñanza e ser coñecedor da situación na que se atopan a día de hoxe, que é a mesma que hai un ano, comuinicoulles que "dende o BNG imos presentar as vosas inquedanzas no Parlamento e intentaremos obter unha resposta o máis esclarecedora posíbel".

Representantes do BNG de Narón acompañan a Mon Fernández (candidato nº 5 pola provincia da Coruña) na súa visita á parroquia do Val