Inflación disparada = Empobrecemento

Levamos a pleno unha moción relativa ás actuacións que deben impulsar os gobernos galego e central para mitigar o impacto do medre disparado da inflación na sociedade e economía galegas.
Inflación disparada = Empobrecemento

Galiza, a súa economía e a súa sociedade, sofre a agudización dunha suba de prezos sen precedentes nas últimas tres décadas e que, aínda que agravada pola guerra de Ucraína e o impacto na comercialización do gas ou do cereal, xa se viña producindo durante o 2021 e os primeiros meses do 2022.

A inflación é un fenómeno económico que se manifesta no incremento global do prezo dos bens e servizos dun país. Isto provoca unha perda xeneralizada do poder de compra do diñeiro no tempo. Por tal motivo, coñécese como o "imposto dos pobres" porque, cos mesmos cartos, podemos enfrontar menos pagamentos e isto prexudica especialmente ás persoas máis vulnerábeis e con menos recuros. É, polo tanto, un problema económico e social de primeira orde.

A xuba xeneralizada de prezos que estamos a vivir non está provocada por unha única causa. Son varios os elementos que están a provocar esta situación. A guerra agrávaa, mais a situación xa viña de antes e a pandemia tampouco explica todo. Vivimos ademais un contexto de escaseza de materias primas, problemas de suministro a nivel mundial, perda do control público sobre sectores clave como a enerxía, etc. O máis importante é que a suba de prezos está condicionada por decisións políticas, que poden empeorar ou aliviar os seus efectos. Polo tanto, hai marxe para actuar e evitar que as maiorías sociais paguen esta crise mentres grandes empresas como as da banca ou as eléctricas multiplican beneficios.

Mobilización en Compostela contra a suba dos prezos organizada polo BNG. Olaia Ledo, a nosa portavoz, na imaxe á dereita de Ana Pontón
Mobilización en Compostela contra a suba dos prezos organizada polo BNG. Olaia Ledo, a nosa portavoz, na imaxe á dereita de Ana Pontón

 

A situación é insoportábel e non podemos permitir que goberno central e Xunta sigan de brazos cruzados. É necesarios, a medio e longo prazo, impulsar un cambio estrutural na nosa economía que nos faga máis resistentes a este tipo de situacións, mais é hora de tomar medidas urxentes para que non haxa un empobrecemento drástico e non se pode agardar semanas para actuar.

Moción

 

Moción 1
Moción

 

Moción 3
Inflación disparada = Empobrecemento