CAMPAÑA DE APOIO AO COMERCIO LOCAL NA FASE DE DESESCALADA

Todo sae ben cando mercas en Narón

Esta semana é moi importante para o #ComercioLocal de todo o país, porque despois de case dous meses abren as portas moitos comercios que pecharan. Fano coas medidas de protección axeitadas. En Narón temos todo o necesario e todo sae ben cando mercamos no noso concello.

🌈 TODO SAE BEN CANDO MERCAMOS EN #NARÓN

 

Todo sae ben cando mercas en Narón

Desde o BNG sempre tivemos claro que promover os produtos de cercanía é o comercio local e apostar pola nosa economía, garantir postos de traballo e valorar o esforzo de tanta xente emprendedora. Acudamos a eles coma sempre pero máis que nunca e gardemos as medidas de seguridade: 
🌈 Uso de máscaras se tes posibilidade
🌈 Uso de luvas
🌈 HIxiene
🌈 Desinfección
🌈 Distancia de seguridade

🍀Todas as sortes ás persoas que con ilusión e moito esforzo abrides hoxe nunhas condicións e situación difícil. Sabémolo pero sentimos o orgullo de ser as vosas veciñas e veciños. Por iso vimos de solicitar en Narón unha campaña de apoio ao comercio local, que colabore coa asociacion de comerciantes e que que se siga a traballar e promover axeitadamente. Propoñemos e tendemos a nosa man ao goberno, ofrecemos ideas porque un Narón novo xurde nesta fase de desescalada pero sabemos que hai que loitar para que sexa o mellor posíbel.

#MercaEnNarón

Todo sae ben cando mercas en Narón