Prezos elevados para os usos do Muíño de Xuvia

Muíño de Xuvia pintado
Consideramos elevados os prezos que se poñen na ordenanza e que definirán os usos do Muíño cando se elabore o regulamento.
Prezos elevados para os usos do Muíño de Xuvia

Reclamamos que se abra o Muíño de Xuvia e que o concello deixe de pór excusas. Preocúpanos  unha ordenanza que non contempla a gratuidade ou bonificacións para as persoas que vivimos en Narón no que vai ser o primeiro museo da nosa cidade. Ademais, consideramose elevado o custe que pretenden poñer en escolares nas súas visitas (5,50 €) e incidimos que o concello non pode falar de "usos" até que estea publicado o regulamento onde, desde o BNG, queremos incorrer para que as horas que  dispoña o concello se distribúan democraticamente entre entidades e asociacións que o precisen e non se dean a dedo como aconteceu até agora noutros espazos municipais. Queremos tamén que se regule para que se poidan oficiar vodas civís.

Por outra banda, reclamamos que se contemplen as axudas da Deputación para contratación de persoal en museos etnográficos e que sexa atendido o servizo por persoal funcionario. Licitar a unha empresa sería o último recurso que debera contemplar un concello que xa abusa deste tipo de licitacións que levan a unha precarización laboral como vimos de contemplar na última folga, neste caso do persoal de mantemento da piscina da Gándara, que foi completamente xusta.

A cultura é un dereito necesario que o concello ten que promover e o muíño tense que pór en valor e que todo veciño e veciña de Narón poida coñecelo sen que o prezo sexa un problema.

Prezos elevados para os usos do Muíño de Xuvia