MEDIDAS E RECLAMACIÓN QUE DEBE TOMAR O CONCELLO DE NARÓN ANTE O INICIO DO CURSO.

Narón ante o inicio do curso escolar

A volta ás aulas segue a ser unha incógnita
A volta ás aulas segue a ser unha incógnita

O BNG vén de reunirse no parlamento con diferentes sectores do sistema educativo e cunha reunión presencial coas diferentes federacións de ANPAS públicas para preocuparse e reclamar medidas acaídas para un inicio de volta ás aulas SEGURO. No BNG de Narón, através do noso grupo municipal tamén fixemos o noso traballo solicitando, máis unha vez, información ao concello e reclamando diferentes cousas. O grupo de goberno púxose en contacto con nós e dixo que ía valorar as ideas e informarnos nos vindeiros días. Desde o BNG consideramos que deberíamos facer unha declaración institucional pola demora en información da Xunta de Galiza que non se vai dar até setembro e presumíbelmente até o día 7 (cando comezan as aulas o 10), ou unha rolda entre todos os grupo municipais con presenza dos seus voceiros/as para enfatizar a situación na que se atopan moitas familias do noso concello. Ademais, pedimos que o concello apoie as posíbeis mobilizacións que se barallan antes do inicio do curso.

 

 

Narón ante o inicio do curso escolar

No BNG miramos con moita preocupación a deixadez de funcións da Xunta de Galiza ao respecto da volta as aulas. A última información e que non disporemos dun protocolo defnitivo até o 7 de setembro cando o inicio do curso é o 10. Tiveron 6 mESES para preparar todo e non fixeron nada. O desgoberno é total polo que compre tomar medidas para paliar o deselixo do goberno galego.

Desde o grupo municipal do BNG de Narón vimos de rexistrar no concello para solicitar toda a información da preparación por parte da administración municipal de volta ás aulas con data o 10 de setembro e, tamén, as seguintes preguntas:

- Coa ausencia de protocolos e derivando como ten a Xunta de Galiza tantas competencias que lle son propias aos oconcellos aos que considera "autoridade sanitaria" fica claro que de facer cousas haberá unha cantidade de desembolso económico relevante  para o Concello na adecuación das escolas infantís e colexios a ese protocolo por exemplo poñer taquillas, limpeza 4 veces ao día. Vai asumir parte disto o Concello? Vaille ou solicitoulle xa á Consellería que actúe e informe de inmediato? Cal é a cuantía que se considera necesaria?

- Solicitamos tamén información sobre a problemática xerada debido a que Intervención non recoñece un protocolo publicado nun espazo web da Consellaría de educación e non publicado na DOG como orde, decreto... vai solicitar o concello claridade ao respecto?

Narón ante o inicio do curso escolar