O BNG de Narón realiza un encontro sobre como afecta o parque de Caaveiro en Narón no local social de Doso
O 5 de maio o BNG de Narón mantiña unha reunicón coas asociacións veciñais de Sedes, O Val e San Mateo afectadas por posíbeis parques eólicos nun futuro. Antes rexistrara petición ao concello para ter información e a resposta foi que nada sabían. Ante isto desde o BNG decidimos buscar solucións directamente e presentamos unha moción municipal que foi aprobada na que se alertaba das consecuencias do boom eólico. O que non sabíamos a aquela altura e que a parroquia de Doso entraba nunha parte na poligonal do parque de Caaveiro.
Garantías para o tecido asociativo á hora de dispor das instalación municipais
No pleno extraordinario de Narón aprobouse a normativa para as taxas deportivas axeitándoas, como debe de ser, aos tempos do Covid. Estamos dacordo e vemos lóxico que se faga.
Ademais desde o grupo municipal do BNG de Narón vimos necesario solicitar outras taxas para usos de instalacións municipais de entidades e asociacións máis económicas e que permitan que, no noso concello, o asociacionismo medre e axude a ter unha cidade dinámica e se fagan actividades que sexan punto de encontro para toda a veciñanza.