Novas
O BNG de Narón esixe que se recupere o servizo de transporte á escola de Sedes retirado polo concello de Narón a tres días do inicio do curso.
11/set./2023
O venres 8 de setembro, a tres días do inicio do curso escolar, as familias usuarias do CRA de Narón en Sedes, foron informadas desde o concello que este curso non cubriría o servizo de taxis como transporte á escola. A escola de Sedes, con máis de cen anos de historia ve perigar un servizo fundamental para que a matrícula e a escola sega aberta.