INVESTIMENTO PARA O ENSINO PÚBLICO, APERTURA DE ESCOLAS, REDUCIR RATIO E MÁIS PROFESORADO
Carta aberta á conselleira de educación
As políticas do Partido Popular na última década arredor da Educación (competencia da Xunta de Galiza) viñeron da man de recortes e peche de escolas, aulas, redución do persoal para a atención das diferentes capacidades e un longo etcétera dun servizo fundamental para a igualdade e para a formación de quen vai ser o futuro da nosa sociedade: os nenos e nenas de Galiza.
En Narón esta situación non foi menor: precisamos de obras de melloras de infraestruturas en todos os colexios, novos comedores ou ampliación e mellora dos existentes, transporte acaído para os nosos institutos e que se escoite aos sectores implicados que traballan cada día cos nosos fillos e fillas, moitas veces con máis adicación que dereitos que lles serve a súa consellería.
Agora, co período de matriculas iniciado e sabendo que en Setembro se quere cumprir cos estándares de calidade e seguridade ( non máis de 15 crianzas por aula) pedímoslle que permita inscribir matrículas nas escolas rurais que pechou nos últimos anos a súa consellería, nomeadamente a escola rural de Pedroso que despois da loita de todo o pobo e de ter matrícula suficiente o ano pasado decidiu pechar igualmente.
Atentamente a Asemblea Local do BNG de Narón