Novas
O BNG reclama que o servizo público de madrugadores sexa xestionado pola administración pública nunha reunión coas ANPAS de Narón
04/abr./2024
Reunímonos coas ANPAS de diferentes CEIPS e o CPI O Feal por mor da situación que viven na xestión dos almorzos. Na reunión, ademais da portavoz municipal Olaia Ledo e a responsábel local Marta Grandal, estiveron os deputados Mon Fernández e Xosé Manuel Golpe comprometéndose a levar o tema ao parlamento galego. No BNG consideramos necesario que o concello inicie os traballos e dote o orzamento necesario para asumir o servizo mentres a Xunta non o faga.