Reunión con AJE Ferrolterra para abarcar as necesidades do emprendemento na comarca

1
1
O deputado pola comarca, Mon Fernández, e a nosa voceira municipal, Olaia Ledo, mantiveron un encontro con representantes da asociación AJE Ferrolterra, Luis Rey (presidente) e Yadira Tenreiro (vicepresidenta), para coñecer as necesidades da asociación e das empresas ás que representa.
Reunión con AJE Ferrolterra para abarcar as necesidades do emprendemento na comarca

Agradecemos a dispoñibilidade da directiva de AJE Ferroltera (Asociación de Xóvenes Empresarixs) para ter con nós esta reunión, que podemos calificar máis ben de "punto de encontro"  para coñecer de primeira man o seu traballo neste ano marcado pola pandemia e as súas necesidades. "Na comarca temos moito que aprender e apostar por xente e empresas con ganas é a mellor garantía de ter futuro. Para iso o que se precisa son ferramentas e facilidades e niso a Xunta ten que ser a primeira" indica Olaia Ledo.

O deputado Mon Fernández interesouse polo traballo que están a desenvolver de cara a potenciar un turismo de calidade na nosa comarca "un turismo de calidade aproveitando o camiño inglés por exemplo e que valga para coñecer desde Pena Molexa, a nosa xeografía e os nosos produtos de calidade. Para iso hai que ter ideas e ganas e vemos que os emprendedores da comarca teñen as dúas cousas". 

Desde a directiva de AJE fixeron fincapé na importancia de ter infraestruturas axeitadas que nos comuniquen co mundo e a importancia de axudas reais para paliar os danos colaterais da pandemia en moitos sectores.

Reunión con AJE Ferrolterra para abarcar as necesidades do emprendemento na comarca