Encontro coas asociacións veciñais para falar dos proxectos eólicos
Os concelleiros reuníronse onte no local social do Val con representantes das asociacións de veciños do Val, Sedes e San Mateo, onde estiveron acompañados por Xosé Manuel Golpe, técnico en enerxías renovábeis, para falar dos proxectos de parques eólicos que supostamente está previsto instalar no noso concello. O novo parque estaría situado nas parroquias de San Mateo e o Val e na parroquia de Sedes sustituiranse os 28 muíños existentes agora mesmo, de 75 m de alto, por 5 muíños duns 200 metros de alto.
Somos un país onde temos un vento moi favorábel para as enerxías eólicas e nós estamos a favor das enerxías renovábeis, pero non a favor da depredación e o espolio que se vive no noso país pola implantación destes parques sin axustarse ás necesidades medioambientais e sociais e sen o máis mínimo consenso.
O boom eólico, tal e como se está a producir, non está pensado en beneficio dos intereses galegos nin das galegas e galegos, se non para favorecer ás empresas. A producción dos muíños xa non se fai no noso país por permitir o peche de empresas coma Siemens Gamesa na nosa comarca, non temos unha tarifa eléctrica galega aínda que somos nós quen producimos a enerxía... ademáis das consecuencias que implica a construcción destes parques na súa ubicación.
As terras ocupadas polos parques quedan totalmente inutilizables ao igual que moitas das que están na zona de afección da poligonal dos muíños, que afecta máis ou menos a uns 200 metros en liña desde cada unha das construccións. Consecuencias coma o ruído dos muíños, o impacto visual, as ondas das pás, as afeccións das terras por onde pase a liña que vai desde o parque ao nodo (polo que non son só as terras de ubicación do parque), as plantacións nas zonas colindantes coas terras afectadas tamén quedan supeditadas a certos límites de especias que se poidan plantar, etc...