O Area Recreativa de Pedroso atópase nun estado lamentable
O área recreativa de Pedroso habilitouse ao redor da cunca do río, nun entorno onde poder disfrutar da natureza, dun medio natural e social con mesas, barbacoas, parque infantil, zona de baño, cámping, rutas de paseo, pontes que cruzan o río...
Neste entorno conflúen o río Castro e o río Xuvia, e contamos tamén co muíño do Chao e o muíño da Muiñeira, patrimonio natural e cultural da nosa localidade. No seu momento foi restaurado o Muíño da Muiñeira e alí podíamos ver como moían os muíños de auga e como se cocía o pan.
As condicións nas que se atopa a día de hoxe este área son lamentábeis, a madeira das mesas e das pontes está podrecendo, ao igual que a dos xogos infantís, co perigo que isto pode supoñer para as persoas ou crianzas que queiran disfrutar dun día de campo. Hai árbores caídas na zona de campo e no río, provocando estas últimas grandes riadas na época de choivas, o muíño da Muiñeira ten a pedra da fachada chea de musgo e herbas no tellado...
Por todo isto solicitamos ao goberno municipal que proceda a correxir estas deficiencias, seguindo con un mantemento axeitado e continuado no tempo, ao mesmo tempo que se retiran tamén as árbores caídas.