vivendas públicas
Novas
O BNG visitando o edficio da rúa Telleiras nº3

O BNG DENUNCIA O ESTADO DE ABANDONO DE VIVENDAS PÚBLICAS EN XUVIA

O grupo municipal do BNG de Narón rexistrou o venres 16 unha moción municipal para denunciar a situación "de auténtica vergoña" que sofren as familias do edificio de Vivendas de Promoción Pública (VPP) situado na Rúa Telleiras № 3 no barrio de Xuvia. O inmoble, cuxo promotor é o Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS), presenta un estado de abandono que se tornou nun "pesadelo" para os seus residentes. A moción foi precedida dunha visita ao edificio co presidente da comunidade de veciños, José López, e onde coñecimos de primeira man a situación dos veciños e veciñas.

Ler novas