UNKNOWN
O BNG vota en contra da proposta para os orzamentos da Xunta do goberno de Narón por considerar que chega tarde e que lle falta ambición
30/dec./2020
A semana pasada presentamos emendas aos orzamentos da Xunta como Bloque Nacionalista Galego, incluíndo as dirixidas ao Concello de Narón. O Grupo de Goberno presentou unha moción urxente ao pleno con emendas para os mesmos, unha copia dalgunhas das que nós presentamos, as cales consideramos que chegan tarde.