Portadas
As estradas de San Xiao e o Feal representan un grave perigo para peóns e condutores
27/dec./2020
As estradas DP5401 (Estrada de San Xiao) e DP5407 (Estrada do Feal) son dúas das estradas que transcorren polo Concello de Narón, dependentes da Deputación da Coruña, con moito tránsito e moi perigosas para os viandantes e os condutores. Son moi estreitas en todo o seu percorrido e carecen de beirarrúas.