Portadas
De cara ao 25 N pedimos que se inicien os trámites para que Narón teña un Centro de Información á Muller
25/out./2023
Levamos ao pleno municipal de outubro unha moción co galo do 25N, data marcada no calendario para a loita contra a violencia machista. Os acordos propostos da moción pasan porque a Xunta invista “o necesario” para que os CIM teñan recursos suficientes para loitar contra a violencia de xénero e que sexan espazos de convivencia e asesoramento.