O BNG de Narón critica que o concello faga só propaganda do traballo a realizar nas parroquias.
Programa Municipais 2019 para Narón
Temos un obxectivo claro: construír un concello para as persoas e o seu benestar no centro de todo.
Presentamos agora un proxecto para Narón con ideas e actuacións que van desde o inmediato ata o medio prazo. Un proxecto no que Narón será o concello do que todas nos sintamos persoas orgullosas, o Narón no que todas queiramos vivir e ver medrar a nosa familia, un concello para descansar, traballar, ir de compras ou simplemente gozar.
Presentación da candidatura e programa
Narón, 8 de maio de 2019. A candidata do Bloque Nacionalista Galego á Alcaldía de Narón, Olaia Ledo, asegurou hoxe no acto de presentación da lista coa que a organización concorre ás eleccións do 26M que “estamos moi orgullosos do traballo desenvolvido estes anos polo BNG no cogoberno de Narón, mais cremos que agora é o momento de dar un paso máis, e por iso presentamos un grupo de persoas e un proxecto para ilusionar á veciñanza de Narón e para poder conquerirmos un futuro mellor”.