A MODO DE INTERPELACIÓN DIRECTA A NOSA VOCEIRA MUNICIPAL PON O FOCO NO MAL TRABALLO DA XUNTA E A FALTA DE INTERESE NESTE PAÍS

Olaia Ledo fala dos sectores produtivos na moción do BNG aprobada de apoio ao sector do mar

Olaia e Cristina portavoces de Narón e Neda nun acto en defensa da ría en Xuvia
Olaia e Cristina portavoces de Narón e Neda nun acto en defensa da ría en Xuvia
Olaia Ledo "Hoxe, comezo a miña intervención neste pleno falándovos de Teresa Ramiro, mariscadora da Ría do Burgo que subía un vídeo dun só minuto na súa casa esta semana na que falaba do seu confinamento..."
Olaia Ledo fala dos sectores produtivos na moción do BNG aprobada de apoio ao sector do mar

Explicaba que na ría do Burgo hai moitos lodos, teñen falta de compradores porque están confinados coma ela e ademais, unha grande saída nesta época eran as festas (vodas, comuñóns, etc) agora canceladas pero tamén porque toda a hostalería está pechada e a súa apertura nun limbo. Tamén incidía que a economía do sector estaba antes xa de por si debilitada e preguntábase: “que nos queda?” Quédalles a incerteza e a repercusión que esta pandemia vai ter sobre o sector marisqueiro e, un futuro, que vai estar tan negro como os lodos da ría do Burgo e da ría de Ferrol.

Na nosa ría a situación é dramática, non hai tanto acompañamos á confraría de Barallobre que reclamaba desesperadamente solucións. Tamén debemos falar doutros sectores do mar que afectan ao noso concello coma por exemplo percebeiros en O Val que van a outras lonxas a vender o seu produto. Estanlles obrigando a que paguen cotas, a que marisqueen e que o seu produto non teña saída e, aínda incluso peor, a que se xoguen a vida por non ter protección axeitada para a pandemia na que vivimos. Estamos obrigando a familias a que fiquen sen recursos, a que se confinen e a darlles un futuro negro. Por iso esta moción, porque a Xunta ten as competencias para decidir pechar bancos e así o sector marisqueiro a pé, barco e mergullo poidan optar aos fondos da UE, e por iso o resto de medidas. Hoxe a moción vai de pesca e marisqueo mais tamén podería ser do noso sector agro gandeiro, do noso tecido industrial ou das nosas pequenas e maiores empresas, sobre xente emprendedora... sobre un país de xente honrada, traballadora e con ideas que quere futuro e que a política ten que valer para axudar non para beneficiar a uns poucos e aos seus intereses. A nosa ría está chea de Teresas que traballaron e unhas poucas que seguen a traballar coas súas mans a nosa ría e que coidan pola súa sostibilidade. Instemos á Xunta que non se poña de canto e atenda á clase traballadora galega, tamén no sector do mar.

 

 

Olaia Ledo fala dos sectores produtivos na moción do BNG aprobada de apoio ao sector do mar
comentarios