Denunciamos o abandono da cartelería informativa e os indicativos das rutas de sendeirismo e etnográficas.

f583e1ed-502f-43a3-a8ee-7628d97269bb

Denunciamos o estado de abandono da cartelería informativa da Senda Ártabra o dos postes indicativos da ruta por esta senda e do Camino a Santo André.

Denunciamos o abandono da cartelería informativa e os indicativos das rutas de sendeirismo e etnográficas.

O BNG vimos de solicitar por rexistro, ao goberno municipal, o arranxo da cartelería informativa que se atopa na Senda Ártabra ao seu paso polo concello, todos os paneis están deteriorados e moitos deles xa no chan. Ademais disto os postes indicadores do percorrido da ruta da Senda Ártabra están rotos na súa maioría e os que non tampouco se ven por estaren tapados pola maleza que os rodea.

Isto acontece tamén con moitos postes indicadores do Camiño a Santo André ao paso por Narón, están rotos, caídos ao chan, ou non se ven por mór da maleza que os rodea.

Estas rutas etnográficas que forman parte do noso patrimonio sofren un gran abandono por parte do concello desde xa hai moito tempo, polo que pedimos unha solución inmediata e un mantemento posterior.

Denunciamos o abandono da cartelería informativa e os indicativos das rutas de sendeirismo e etnográficas.