Portadas
BNG exixe garantir o servizo postal no Concello de Narón e melloras laborais
23/mar./2021
O marter 23 á tardiña Néstor Rego, o grupo municipal do BNG de Narón e representantes dos traballadores de correos mantiveron unha reunión para saber a actualidade da grave situación que vive Narón. Néstor Rego reclama, neste sentido, aumentar o persoal nas instalacións de Correos e no sistema de reparto no concello naronés para asegurar que todas as zonas teñan cobertura.