Novas
Presentamos unha moción para solicitar unha oficina do SEPE na cidade e aliviar a saturación das de Ferrol
16/set./2025
Desde o Grupo Municipal do BNG de Narón vimos de rexistrar unha moción para o Pleno municipal de Setembro co obxectivo de que o concello conte cunha oficina propia do Servizo Público de Emprego Estatal (SEPE). A iniciativa xorde da "saturación evidente" que sofre a oficina do SEPE en Esteiro, unha situación agravada polo mal remate dunhas obras que van obrigar o seu traslado ao edifcio de Correos da cidade.