bng
Portadas

O BNG leva a Pleno unha moción para instar ao Goberno Central á aprobación dun Estatuto para a industria Electrointensiva

Mediante a aprobación desta moción, o BNG pretende acadar o acordo pleno dos grupos políticos do concello de Narón para instar ao Goberno do Estado á aprobación inmediata dun estatuto para a industria electrointensiva que estableza unha tarifa estábel e económicamente asumíbel que permita a competitividade industrial e o mantemento dos postos de traballo. Así como á aprobación dun paquete urxente de medidas para conseguir que a industria electrointensiva teña a máxima compensación permitida pola UE para competir con industrias similares instaladas noutros lugares do mundo onde non se limitan as emisións de dióxido de carbono.

Ler novas
Portadas

Aprobada a moción do BNG a prol da visibilidade e dereitos LGBT+

Esta mañá tivo lugar o último pleno de Narón e a única moción presentada foi aprobada coas únicas abstencións do PP. O colectivo Avante Ferrolterra interveu no pleno para visibilizar a súa loita e a situación que teñen que vivir no día a días as persoas do colectivo.

“Foi un día importante para Narón” declara Olaia Ledo, voceira do BNG “de cumprirse o aprobado no pleno, o 2020 xa será un pouco mellor que o 2019 na loita por unha igualdade real para todas as persoas. As administracións temos a obriga de lexislar, traballar, colaborar e escoitar para avanzar na visibilidade da sociedade diversa que xa somos de facto”. Desde o BNG somos conscientes de que a moción é só un paso e que os verdadeiros cambios virán nas accións do día a día, no recoñecemento das múltiples identidades.

 

Ler novas
Portadas

Presentación dunha moción a prol dos dereitos LGTB+

Antes de rematar o ano e, despois de falar con diversos colectivos, consideramos imprescindíbel a posta en marcha de medidas, cursos de formación, material audiovisual, asesoramento para todas as persoas en materia LGTB+. A visibilidade é o paso primeiro e Narón pode ser un referente na loita pola igualdade e diversidade en todos os ámbitos. "Esta moción parécenos importantísima e sentímonos moi orgullosas de presentala. Consideramos imprescindible avanzar en todos os dereitos para sermos iguais e para iso a formación, a conducción e o acceso a materias que promovan a diversidade fase fundamental" declara Olaia Ledo, voceira do BNG de Narón "de saír aprobada esta moción no pleno da vindeira semana Narón dará un paso xigante de cara a construir un concello con todos os dereitos para todas as persoas, un concello que xa é diverso e que traballa pola igualdade real

 

Nel márcanse puntos como a formación do persoal traballador, cursos, palestras e obradoiros específicos nos centros de ensino, instar á Xunta por una nova lei de identidad de xénero, dotar as bibliotecas e locais socias de material audiovisual e libros de temática LGBT+ ou realización dun congreso interdisciplinar en colaboración coa Universidade da Coruña no que se presente o traballo dos equipos de investigación, convertido a Narón en referente e exemplo en materia LGTB+ 

Ler novas