Concellos BNG
Vídeo
Narón con rumbo certo

Narón con rumbo certo

Traballamos cara o futuro. Somos unha equipa e temos á mellor persoa para traballar por un Narón que dea un salto cualitativo, o Narón que comparte espazo público en igualdade, de maneira inclusiva, onde os servizos estean ao carón da xente en todas as parroquias. É o momento de ser #ConcelloBNG e ser referente como xa o é Carballo, San Sadurniño, Moeche, Muras, Carnota, Bueu, Tomiño, Allariz, Pontevedra... onde o BNG ten maioría gaña o Benestar. #QueremosNarón e #Queremos Futuro. E sabemos que para transformar a realidade hai que ser valente. Vimos sen prebendas, sen deber favores, somos pobo e defendemos o que é xusto. Sumádevos, confiade en nós porque nós xa confiamos en todas e todos vós. No bloque só estamos porque defendemos este país. Agora é a quenda do BNG, é a quenda da ilusión, é a quenda de Narón.

Ler novas