Narón
UNKNOWN

O BNG denuncia que o concello non contempla na inauguración do muíño de Xuvia a limpeza dos lodos que permitirían accionar o movemento dos rodicios. Desta maneira o muíño non poderá accionar o mecanismo de moenda polo que foi creado.

No BNG de Narón visitamos a contorna do muíño de Xuvia este xoves 28 ao remate dun pleno onde fixemos pregunta á alcaldesa para que explicase se pensa inaugurar o Muíño de Xuvia sen poder funcionar a moenda a pesar de restaurar os artiluxios fabrís do propio muíño. A resposta da alcaldesa foi afirmativa mais, ante a información por parte da empresa adxudicataria e a revisión dos pregos do proxecto de rehabilitación polo BNG sabemos que minte e por iso denunciamos a imposibilidade de que sexa así pola cantidade de lodos que “taponan” o movemento natural dun muíño de río como neste caso o de Xuvia. 

Ler novas
Portadas

Aprobada a moción do BNG para que Narón sexa concello preferente para adquirir axudas no Fondo da Transición Xusta da provincia da Coruña

O Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico respondeu por escrito ao BNG no Congreso dos Deputados que Narón non entrará no convenio de transición xusta. Sorprendeunos que a alcaldesa e o delegado da Xunta falaran sobre este convenio esta mesma semana cando xa existía a negativa: o delegado da Xunta mentiu a todos os naroneses e naronesas evitando informar á alacaldía de algo que xa coñecían.

Ler novas
Portadas

O BNG leva ao congreso o arranxo da calzada e beirarrúas da travesía da estación de RENFE da parroquia de Xuvia.

Os problemas de firme da calzada e accesibilidade á estación de tren de Xuvia son unha evidencia son con achegarte á zona. Agora este tramo de calzada dependente do estado van ao congreso grazas ao BNG. No BNG de Narón reclamamos solucións e respostas a unha demanda veciñal na que a AV Altea de Xuvia ten solicitado en diferentes consellos territoriais e mesmo por escrito. Se o concello non chega ou dalle igual nós temos claro que non e faremos todo o que estea na nosa man para que os nosos barrios e parroquias teñan vida, un plan de mobilidade axeitado e sexan entornos amábeis para vivir.

Ler novas
Portadas

Rexistramos propostas concretas para os orzamentos 2022 de Narón

Temos dous anos de lexislatura por diante onde hai marxe para facer, dous anos onde as bases para un plan de mobilidade e un PXOM acaído pode modificar para sempre o noso concello sen perigosas distincións que poidan beneficiar só a uns poucos e poucas. Dous anos no que xa sabemos grazas a unha pandemia que non todo pode estar controlado pero no que os servizos públicos son fundamentais para o benestar todas as naronesas e naroneses e que ese benestar acádase en comunidade, compartindo espazo público no que todas as persoas sexamos iguais.
Ler novas
UNKNOWN

O BNG de Narón solicita información sobre a repotenciación do parque eólico "Novo"

O BNG de Narón foi o primeiro en informar ás parroquias afectadas polo boom eólico que se está a dar e como afecta ao noso concello. A repotenciación do parque "Novo" que afecta en Sedes era sabido e, a Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Empresa e Innovación publicará en breve o acordo que se someterá a información pública. A Xunta xa informou aos concellos afectados polo que agora o BNG de Narón solicita esa información e un informe técnico municipal ao respecto.

Ler novas
UNKNOWN

O BNG de Narón rexistra a petición de convertir o centro de saúde vello nun espazo cultural de usos múltiples

O luns 19 de xullo o novo centro de saúde comeza a súa andaina e o vello baléirase. O BNG de Narón, despois dun profundo debate de análise desde o consello local, reclamamos que valga para dinamizar a zona e facer un espazo necesario onde poidan convivir persoas de todas as idades e o tecido asociativo, pensado tamén para a xente nova.
Ler novas