BNG de Narón
Asemblea local BNG de Narón
BNG de Narón

Traballamos con ilusión por un Narón Mellor. Estamos orgullosas e orgullosos do nosos concello mais sabemos que é o momento de que deamos un paso cara adiante e que ademais de dotármonos de servizos sexamos unha cidade amábel para vivir, para estar, para quedar e para gozar dela. Queremos máis e que a xente que veña a vivir canda nós non o vexa como algo temporal se non que nos sitúe no mapa con orgullo entre as súas amizades e familiares. Como BNG non só traballamos por Narón se non que nos verás na rúa, en asembleas, nas institucións buscando a igualdade real de todas as persoas, polo benestar do pobo galego (con emprego, dereitos, servizos, transporte, coidando o medio ambiente, apostando polos sectores produtivos e o comercio de cercanía) e porque o futuro sempre sexa mellor. Soñamos e traballamos para facelo realidade. Se queres participar con nós estamos na rúa 25 de Xullo nº1, entrechán F (en fronte ao concello e ao centro de saúde). Abertos mércores, xoves e venres de 9:00 a 13:00 e de 16.00 a 18:30. Tamén nos podes atopar todos os días na oficina do grupo municipal no entrechán da casa do Concello. Podes enviarnos un correo a [email protected] ou chamarnos ao 981 383 990 para calqueira información ou cuestión . Temos unha idea clara: sumar por Narón e por Galiza

Portadas

Reclamamos que o concello invista en sinalética adaptada para persoas con transtorno do espectro autista (TEA)

O BNG de Narón presenta unha moción para o seu debate no pleno de abril que reclama a colocación de sinalética adapatada ás persoas de espectro autista. Reclamamos a inclusividade coma un dereito e que se teña en conta a accesibilidade cognitiva a través de pictogramas informativos para que as persoas con diferentes capacidades poidan comprender os diferentes espazos nos que se moven e favorecer a súa autonomía persoal e toma de decisións.

Ler novas