BNG de Narón
Asemblea local BNG de Narón
BNG de Narón

Traballamos con ilusión por un Narón Mellor. Estamos orgullosas e orgullosos do nosos concello mais sabemos que é o momento de que deamos un paso cara adiante e que ademais de dotármonos de servizos sexamos unha cidade amábel para vivir, para estar, para quedar e para gozar dela. Queremos máis e que a xente que veña a vivir canda nós non o vexa como algo temporal se non que nos sitúe no mapa con orgullo entre as súas amizades e familiares. Como BNG non só traballamos por Narón se non que nos verás na rúa, en asembleas, nas institucións buscando a igualdade real de todas as persoas, polo benestar do pobo galego (con emprego, dereitos, servizos, transporte, coidando o medio ambiente, apostando polos sectores produtivos e o comercio de cercanía) e porque o futuro sempre sexa mellor. Soñamos e traballamos para facelo realidade. Se queres participar con nós estamos na rúa 25 de Xullo nº1, entrechán F (en fronte ao concello e ao centro de saúde). Abertos mércores, xoves e venres de 9:00 a 13:00 e de 16.00 a 18:30. Tamén nos podes atopar todos os días na oficina do grupo municipal no entrechán da casa do Concello. Podes enviarnos un correo a [email protected] ou chamarnos ao 981 383 990 para calqueira información ou cuestión . Temos unha idea clara: sumar por Narón e por Galiza

Portadas

O BNG de Narón consegue unha alternativa para os coches mentres duren as obras do novo aparcadoiro do centro de saúde despois dun ano de campaña continuada

No pleno municipal de setembro, desde o  pediu a través dun rogo á alcaldesa unha alternativa cando se iniciasen as obras do novo aparcadoiro para a xente que tivese que aparcar ao chegar ao novo centro de saúde poida seguir a facelo. A nosa proposta é acordar coa urbanización “as torres” para que durante o día se poida aparcar alí  se tes que acudir ao PAC de Narón.

Ler novas
Portadas

Reclamamos a retirada inmediata do cartel “área de lecer Conde de Fenosa” para cumprir a lei de memoria democrática

O título de Conde de Fenosa creado polo dicatador Franco foi retirado no seu artigo 41 pola lei de memoria democrática o 21 de outubro de 2022. Descoñecemos o procedemnto do concello para o nomeamento mais si que Narón debera recuperar topónimos e microtopónimos orixinais dos lugares; non nomear a represores no seu rueiro.

Ler novas