BNG de Narón
Asemblea local BNG de Narón
BNG de Narón

Traballamos con ilusión por un Narón Mellor. Estamos orgullosas e orgullosos do nosos concello mais sabemos que é o momento de que deamos un paso cara adiante e que ademais de dotármonos de servizos sexamos unha cidade amábel para vivir, para estar, para quedar e para gozar dela. Queremos máis e que a xente que veña a vivir canda nós non o vexa como algo temporal se non que nos sitúe no mapa con orgullo entre as súas amizades e familiares. Como BNG non só traballamos por Narón se non que nos verás na rúa, en asembleas, nas institucións buscando a igualdade real de todas as persoas, polo benestar do pobo galego (con emprego, dereitos, servizos, transporte, coidando o medio ambiente, apostando polos sectores produtivos e o comercio de cercanía) e porque o futuro sempre sexa mellor. Soñamos e traballamos para facelo realidade. Se queres participar con nós estamos na rúa 25 de Xullo nº1, entrechán F (en fronte ao concello e ao centro de saúde). Abertos mércores, xoves e venres de 9:00 a 13:00 e de 16.00 a 18:30. Tamén nos podes atopar todos os días na oficina do grupo municipal no entrechán da casa do Concello. Podes enviarnos un correo a [email protected] ou chamarnos ao 981 383 990 para calqueira información ou cuestión . Temos unha idea clara: sumar por Narón e por Galiza

UNKNOWN
Cola á entrada dun banco

Presentamos unha moción ao pleno polo incremento dos abusos bancarios e deterioro dos servizos financieiros en Narón

O proceso de concentración bancario, destrución e precarización do emprego no sector, e o empeoramento dos servizos e das condicións para particulares, pequenas e medianas empresas ben desde as medidas impulsadas no ámbito español polos gobernos do PP e do PSOE na crise do 2008. Un proceso sostido no tempo e que vimos agravado o pasado ano coa excusa da pandemia do COVID-19.
Ler novas
Portadas
reunión néstor rego e correos narón

BNG exixe garantir o servizo postal no Concello de Narón e melloras laborais

O marter 23 á tardiña Néstor Rego, o grupo municipal do BNG de Narón e representantes dos traballadores de correos mantiveron unha reunión para saber a actualidade da grave situación que vive Narón. Néstor Rego reclama, neste sentido, aumentar o persoal nas instalacións de Correos e no sistema de reparto no concello naronés para asegurar que todas as zonas teñan cobertura.

Ler novas
UNKNOWN
terraza

A desidia do goberno municipal leva á demora nas axudas á hostalería

A desidia do goberno municipal lévaos a tomar decisións tarde. Onte todos os grupos votamos a favor (e con carácter retroactivo) para non co rar unha taxa que por mor da pandemia non se usou: o uso das terrazas nos locais da cidade. Se no mes de abril do pasado ano, cando nós propuxemos adoptar este tipo de medidas para paliar a crise provocada pola pandemia da COVID-19 (entre outras moitas) non teríamos onte un pleno cunha votación que viña cun informe técnico en contra.
Ler novas
Portadas
Olaia Ledo, Geno Carballeira e o deputado galego Mon Fernández

O BNG traslada nas súas enmendas aos orzametos da Xunta as necesidades de Narón

Luns 25 de xaneiro.

Narón é o único concello de máis de 20.000 habitantes que non conta cunha residencia de maiores pública, só conta cunha escola infantil pública, non ten un centro de formación profesional e o novo centro de saúde non terá psicoloxía clínica de momento. Desde o BNG consideran que un concello de 40.000 habitantes precisa todas as medidas reclamadas e presentadas hai dous meses polo BNG no parlamento galego para os orzamentos da Xunta que agora  goberno galego vén de rexeitar.

Ler novas