Mellor Galego, Mellor Local... Campaña de promoción do comercio Local e do produto do noso país

IMG-20201218-WA0008
Mellor Galego, Mellor Local... Campaña de promoción do comercio Local e do produto do noso país

A proximidade do Nadal leva implícito un aumento de compras polo que aproveitamos estas datas para promocionar o comercio de proximidade e o produto local e do noso país, sendo que todo isto redunda na nosa economía, sendo beneficioso para os produtores e creando postos de traballo.

Está nas nosas mans modificar hábitos, potenciar a nosa economía e dar saída aos nosos produtos, axudando aos nosos comerciantes na súa loita diaria contra os xigantes do comecio electrónico e grande escala internacional.

Reivindiquemos a artesanía, a música, os libros, os xoguetes non sexistas, a nosa horta, a gandería, peixes e mariscos... todo isto e moito máis é o que podemos encontrar na nosa localidade e no noso país, promocionémolo para axudar á súa comercialización.

Na nosa localidade hai locais comerciais de distintos sectores que se uniron á nosa campaña #MellorGalego #MellorLocal, panaderías, librarías, mercerías, locais de hostalería, etc..., pero outros moitos non se puideron unir pola crise económica á que nos levou a pandemia da COVID-19, como é Burbujas, parque infantil da Gándara.

No seguinte enlace podedes escoitar a Olaia Ledo, voceira do BNG, e Vanesa Maseda, propietaria de Burbujas, elas dúas nos falan da importancia do negocio local e da situación na que se atopan algúns por mór da crise. Con este video quixemos arrancar a nosa campaña e darlle visibilidade a toda esta xente que o está pasando mal nesta situación.

https://www.youtube.com/watch?v=L9QI8wAc3uA&t=37s

Mellor Galego, Mellor Local... Campaña de promoción do comercio Local e do produto do noso país