O BNG reclama que as gravacións dos plenos se fagan públicas.

O pasado mes de Novembro solicitamos por rexistro a retransmisión dos plenos vía streaming, xa que están sendo de novo telemáticos por mór da COVID-19.
O BNG reclama que as gravacións dos plenos se fagan públicas.

O BNG de Narón reclamou mediante rexistro e en rogos e preguntas (no pleno de Narón só permiten presentar dúas mocións por grupo) que o concello reclame e solucione a situación das estradas de San Xiao e do Feal, que protección civil atenda o problema do lixo tirado pola rúa nas zonas urbans polo temporal e porque os contenedores son insuficientes, a menor demora posible para a instalación dun espazo no paseo de Xuvia para piragüismo e, o que consideran máis importante, que o goberno publique os plenos telemáticos que están a ser gravados pola ferramenta zoom “as veciñas e veciños de Narón deben de poder acceder aos plenos que son de carácter público e onde está representada a súa soberanía. Só entendemos que non se faga porque non queren que vexa o que fan ou non fan e iso é, cando menos, grave” indican desde o consello local do BNG.

O BNG reclama que as gravacións dos plenos se fagan públicas.