"CONVERSAS NA REDE" CONTINÚA A SÚA ANDAINA EN NARÓN

O BNG de Narón organiza un encontro online "Por un modelo de recollida de tratamento de residuos sustentábel".

CHARLA - COLOQUIO ECOLOXISMO
CHARLA - COLOQUIO ECOLOXISMO
A finais do 2020 a asemblea local de Narón decidiu iniciar círculos de debate a través de zoom. O primeiro "conversas na redes" foi falando de mobilidade cos artífices do mellor exemplo internacional: Pontevedra. Agora tócalle a quenda ao ecoloxismo e o tratamento de residuos sustentábel.
O BNG de Narón organiza un encontro online "Por un modelo de recollida de tratamento de residuos sustentábel".

O vindeiro mércores 19, ás 20 horas, desde o BNG organizamos un encontro online sobre o tratamento dos residuos incidindo no actual modelo Sogama, pero tamén no día a día e no lixo que xeneramos. Contaremos coa presenza de Manuel Soto, catedrático de enxeñería química na UDC e membro da asociación ecoloxista ADEGA; Luis Bará, Deputado no Congreso e Responsábel do área de Medio Ambiente, e Olaia Ledo, voceira municipal, actuando como moderadora.

É preciso inscribirse previamente para participar podendo facelo a través do correo [email protected] ou chamando ao teléfono 696475314.

CHARLA - COLOQUIO ECOLOXISMO

O BNG de Narón organiza un encontro online "Por un modelo de recollida de tratamento de residuos sustentábel".