TEGA E PSOE FAN UNS ORZAMENTOS QUE NON CUBREN AS NECESIDADES DE NARÓN

Uns Orzamentos decepcionantes

O BNG de Narón critica que os orzamentos presentados polo grupo de goberno son continuistas, non atenden as necesidades derivadas da pandemia e que a partida máis grande vaise en gasto corrente (máis do 90%  só en gasto corrente) cando debería ir a novos investimentos e para o tecido social da localidade.

 

 

 

Uns Orzamentos decepcionantes
O Concello de Narón un ano máis acada os orzamentos máis elevados da súa historia. Desde o Concello reclaman que son sociais pero o BNG indica que baixan en tres partidas xustamente con temática social e que , nin sequera no informe de alcaldía, trátanse propostas sociais de cara a posibles necesidades da pandemia “falamos duns orzamentos continuistas onde máis do 90 % vanse en gasto corrente” indica Olaia Ledo, portavoz municipal do BNG de Narón. Desde o BNG indican que o seu grupo municipal leva traballando os orzamentos tempo pero  “por desgraza atopámonos de novo que o concello non aporta nada.Non hai un investimento novo dos que xa coñecíamos, só falta que volvan sacar nota de prensa co arranxo do muíño de Xuvia xa licitado como fixeron os dous últimos anos e que de momento segue a se caer” indica Geno Carballeira concelleiro do BNG de Narón e titular da comisión de Facenda. Desde o BNG acusan, de feito, ao goberno municipal de facer uns orzamentos moi xenéricos que logo derivan en pequenas obras que van cubrindo parches e que é por iso que o concello acumula remanentes. Ademais poñen o foco no informe da interventora na que cuestiona a cantidade de subvencións nominativas que se dan. Din, desde o BNG, que non consideran lóxico que haxa unha grande parte de asociacións con nominativas que non deixan de ser pequenas cantidades para uns orzamentos de máis de 34 millóns de euros salvo contadas excepcións e que outra parte cóstelles tanto acceder a unha subvención, que debe o goberno aportar criterios de igualdade e facilitar as cousas a todo o tecido asociativo. Ademais ,o BNG pide que comecen a municipalizar servizos que agora son xestionadas por empresas “o servizo da auga e das bibliotecas son un exemplo de servizos que poderían ser 100% de xestión municipal” indica Ledo. Ademais sinalan que a súa enmenda de ter un Centro de Información á Muller faise moi necesario para atender ás mulleres victimas da violencia machista en Narón e que, unha vez máis o concello non atende a ideas necesarias se non que buscan perpetuarse sen facer nada.
Uns Orzamentos decepcionantes