Montse Prado, Deputada do BNG no Parlamento de Galiza, visita a nosa comarca para falar dos recortes na Sanidade Pública

O pasado día 5 de febreiro reuníronse no Antigo Hospicio de Ferrol distintas alcaldesas e alcaldes, e distintos portavoces do Bng, con representantes sindicais do área sanitaria de Ferrol, persoas afectadas polo recortes sanitarios, e a Deputada do BNG, Montse Prado.
Montse Prado, Deputada do BNG no Parlamento de Galiza, visita a nosa comarca para falar dos recortes na Sanidade Pública

O pasado xoves, día 5 de febreiro, tivemos a honra de contar coa presenza de Montse Prado, Deputada no Parlamento Galego, para falar dos recortes sanitarios que están afectando á nosa comarca e, en xeral, os que afectan tamén ao noso país, que son moitos. Reunímonos no Antigo Hospicio de Ferrol con distintas alcaldesas e alcaldes de concellos afectados por recortes de pediatría e algún xa sin servizo de matrona, como prestaba ata o de agora, portavoces do BNG, representantes sindicais do área sanitaria de Ferrolterra e varias nais e pais que sofren os recortes de pediatría.

Temos moi preto de nós, en concellos como San Sadurniño, Moeche, Cerdido..., casos moi claros do desmantelamento que están a sufrir os centros de saúde. Nestes concellos levan un ano pelexando por recuperar o servizo de pediatría que lles sacaron, queren convencelos de que non hai nenos suficientes para poder prestar esta asistencia todos os días, polo que lles dan servizo un día á semana e se nón teñen que desprazarse, o que xa conleva outros gastos, dependes de transporte, de perder horas de traballo por desprazamento a outros concellos, etc... A todo isto hai que engadirlle que cada vez que unha nena ou neno ten que ir á consulta do pediatra, ben sexa por enfermidade ou á revisión pertinente, vaina atender un pediatra distinto e ten que volver a relatar o seu historial, xa que, ademáis de recortar os servizos non hai unha persoa fixa que sexa quen atende estas consultas.

Tratan de convencernos de que non hai pediatras e que teñen que sustituílos por médicos de familia, non sendo esta a solución, como nos dixo Montse Prado, máis ben habería que buscar a maneira de que a xente lle fose máis doado acceder á especialización, xa que non é o mesmo o corpo dunha crianza que dun adulto, os síntomas que poidan ter unhos ou outros non son iguais na mesma enfermidade.

Podemos falar do ratio de doentes que teñen os médicos de familia noutros concellos coma o noso, que ascende a 1270 persoas, un número bastante elevado para que a atención médica poida ser a axeitada. Para cada consulta teñen 5 minutos, o que conleva a que si os médicos queren prestar aos seus doentes unha boa atención prodúcense uns retrasos, de máis dunha hora en moitos casos, que perxudican ao resto dos doentes e ao persoal sanitario, que se alonga a súa xornada laboral máis do debido.

Ademáis disto, os médicos de familia, dende o 14 de xaneiro, teñen moita menos capacidade resolutiva, polo tempo de consulta do que falabamos antes e polas novas directrices que lles deu a Xunta, entre as que se atopa o non recetar moitos medicamentos porque conlevan un elevado custo para a sanidade pública, e a limitación na realización de probas médicas, cantas menos mellor, ao igual que a derivación aos especialistas.

Hai unhas longas listas de espera en moitas especialidades, e a maneira de solucionar que teñen dende o goberno de Feixóo é obrigando aos médicos de familia a non derivar ás e aos doentes ata que vexan que é imprescindíbel, e incluso facer as menos probas posíbeis.

Véndennos servizos novos que están moi ben, coma o servizo de paliativos a domicilio, pero que son en moitas ocasións ineficaces porque nunha comarca coma a nosa non pode ser que teñamos un só especialista e un sanitario para este servizo, aínda tendo en conta que só se presta na zona urbana, non chega ao rural.

Todo isto ben producido polos recortes sanitarios que os do PP da Xunta de Galiza dín que non existen, pero non pode ser que no ano 2019 a partida orzamentaria destinada á sanidade sexa de 2.200 millóns menos que no ano 2009, dos cales 142 millóns pertencen á asistencia primaria.

Cal é a conclusión á que chegamos con todo isto? Que nos queren derivar á sanidade privada, cousa que están facendo moi sutilmente, xa que moita xente que pode e ten recursos acaba indo a especialistas privados pensando que "así me atenden antes e estou máis tranquila, fanme axiña as probas e xa sei os resultados", aínda que logo vaian á sanidade pública... Aquí vemos como nos convencemos de que imos por conta propia, non porque me obriguen, xa que non sei cando me van atender na sanidade pública porque cada día hai menos especialistas e menos recursos con tanto recorte.

 

 

Montse Prado, Deputada do BNG no Parlamento de Galiza, visita a nosa comarca para falar dos recortes na Sanidade Pública