O BNG DE NARÓN PRESENTA VARIAS MOCIÓNS NO MES DE OUTUBRO AO PLENO

Moción do BNG para acabar coa invasora herba da pampa

A Herba da Pampa é moi difícil de erradicar pero non se debe de facer algo por non poder facer todo. É preciso unha campaña de concienciación para que vaia desaparecendo de xardíns particulares e para que as propias administracións actúen e eviten a dispersión das sementes,  arrincando as que sexan posibles (arrincar unha vez e volver facelo) .

Moción do BNG para acabar coa invasora herba da pampa

Moción do BNG. outubro 2020.

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS:

Concello de Narón pode considerarse un Concello invadido pola Cortaderia Selloana(máis coñecida habitualmente pola Herba da Pampa ou Plumacho) e isto ten unha orixe:

No ano 1990 o Ministerio de Obras Públicas (MOPU) aconsellaba utilizar a Herba da Pampa nas plantacións de estradas (aínda que era considerada unha especie invasora e estaba, e segue estando, prohibida a súa venda na maior parte de estado español), unhas plantas con “sus espiguillas de aspecto sedoso, con largos pétalos…”, para as partes de dominio público e de taludes.

Xa a mediados do século XX foi considerada una especie invasorapor non estar no seu hábitat natural e, de medrar tan só en zonas de costa pola humidade e proximidade ao mar, pasou a encher superficies moi rápido sendo moi difícil erradicala, coa grave consecuencia de poñer en perigo o ecosistema natural existente. A día de hoxe adaptouse ao frío do noso país e incluso ás xeadas e cada vez é máis frecuente atoparnos con terreos abandonados e beiras das estradas invadidos por esta herba. Hoxe é unha das 20 especies invasoras máis dañinas da península ibérica.

A Herba da Pampa é moi difícil de erradicar pero non se debe de facer algo por non poder facer todo. É preciso unha campaña de concienciación para que vaia desaparecendo de xardíns particulares e para que as propias administracións actúen e eviten a dispersión das sementes no outono,  arrincando as que sexan posibles (arrincar unha vez e volver facelo) . 

O único xeito é arrancándoa de raíz e, a partires disto, facer un mantemento das zonas cunha sega máis continuada no tempo para evitar que medre e chegue a facer flor, xa que é onde produce as sementes podendo chegar a reproducir 1 millón de exemplares máis cada flor. Pódense usar métodos químicos para a súa eliminación total buscando os que sexan o máis respectuosos co medio. Parece complicado pero hai institucións que levan traballado isto con grandes avances como por exemplo a Universidade da Coruña no seu campus cordinados pola asociación ecoloxista ADEGA.

No noso Concello atopámonos terreos na zona do Polígono do Río do Pozo cheos de esta herba, que chega a alcanzar os 3 metros de alto e reprodúcese moi rápido, tamén en parroquias como a de San Mateo e leiras abandonadas nos barrios urbanos como o da Gándara polo que si non atallamos este problema encheremos o Concello de Cortaderia Selloana

 

Mesmo o domingo 18 de outubro nunha acción de limpeza da asamblea do BNG  comprobamos como a pampa estaba a chegar ao bosque de ribeira do Xuvia e, en zonas do paseo marítimo, xa ten presenza.

 

concello aprobou na anterior lexislatura una moción para paliar a invasión pero desde aquela non fixo máis que empeorar. A pampa está a tapar sinais, a cubrir terras fértiles e terreos urbanizados todavía sen edificar están a ser invadidos pola pampa. Por todo isto, instamos aos seguintes acordos

 

ACORDOS:

 

1.-O concello de Narón comprométese a levar á mancomunidade a situación e que se elabore un plan comarcal de exterminio do plumeiro da Cortaderia Selloana.

2.-Elaborar desde o concello un rexistro de zonas invadidas pola Cortaderia Selloana

3.- Elaborar un protocolo para axudar a eliminar a Cortaderia Selloana

4.- As parcelas pertencentes ao Concello sexan declaradas libres de Cortaderia Selloana

5.-Evitar prácticas de xardinería que as propaguen

6.-Comezar arrancando as máis sinxelas de eliminar e facer un traballo continuado para evitar a súa propagación

7.-Contactar cunha entidade que traballe e asesore para a súa eliminación como está a facer a asociación ecoloxista ADEGA por todo o país

8.- Realizar campañas de concienciación entre a poboación e cordinados cos colexios e institutos sobre a perigosidade do espallamento do plumeiro  da pampa.

 

Moción do BNG para acabar coa invasora herba da pampa