Garantías para o tecido asociativo á hora de dispor das instalación municipais

No pleno extraordinario de Narón aprobouse a normativa para as taxas deportivas axeitándoas, como debe de ser, aos tempos do Covid. Estamos dacordo e vemos lóxico que se faga.

Ademais  desde o grupo municipal do BNG de Narón vimos necesario solicitar outras taxas para usos de instalacións municipais de entidades e asociacións máis económicas e que permitan que, no noso concello, o asociacionismo medre e axude a ter unha cidade dinámica e se fagan actividades que sexan punto de encontro para toda a veciñanza.

 

Garantías para o tecido asociativo á hora de dispor das instalación municipais

En agosto houbo pleno extraordinario, un pleno no que tratamos un tema que se podía ter engadido nun ordinario e aforrar diñeiro á veciñanza de Narón. Ademais, ao ser extraordinario non existen rogos e preguntas polo que o traballo da oposición vese limitado.

Así, desde o BNG, reclamamos en palabras do noso concelleiro titular da comisión de facenda, Geno Carballeira “máis democracia e posibilidades para as entidades e veciñanza de Narón”. O grupo municipal do BNG pediu que se modificara o regulamento para que se poida acceder ás instalacións deportivas e usos de maneira que se garanta ás entidades de Narón que non se pague por elas en exceso ou se manteña igual cantidade que para outras que o fan con fins de lucrotemos o exemplo do campo da serra que ten un prezo taxado de 1700 euros para quen o queira usar e agora mesmo se lle cobra igual á unha asociación veciñal que se viñera David Bisbal, non ten sentido”

Desde o goberno defendeuse que as entidades sen ánimo de lucro non se lles soe cobrar sempre que poñan que organiza o concello mais é o grupo de goberno quen decide persoalmente polo que xera desigualdades e, quen descoñeza este modus operandi (cando menos indebido para unha cidade de 40.000 habitantes), non ten as mesmas posibilidades. Desde o BNG reclamamos que estea escrito “para saber en que casos se otorga e en cales non e así non dependa de amizades ou doutras tretas. As entidades e asociacións non están para facer actividades para o grupo de goberno e si para promover o seu traballo como asociacións xa sexan culturais, deportivas, veciñais... e deben facelo con garantías e cunha ordenanza clara e por escrito” argumenta Geno Carballeira. Por este motivo, o BNG non votou a favor do único punto do pleno extraordinario do mércores 19 de Agosto do 2020.


 
Garantías para o tecido asociativo á hora de dispor das instalación municipais