O PRIMEIRO WEBINARIO DO 2021 DO BNG DE NARÓN CONTOU CUNHA ELEVADA PARTICIPACIÓN E COS ARTÍFICES TÉCNICOS E POLÍTCOS DO MODELO DE PONTEVEDRA

Esta fin de semana apredimos "o modelo urbano" dos mellores

A receita para conseguir un Narón no que todos e todas teñamos os mesmos dereitos, servizos... en canto saímos da nosa vivenda é: traballo, valentía política e un deseño pensado para o benestar das persoas, independentemente da súa condicións social ou económica, independentemente da súa mobilidade ou xénero. Este sábado, a asemblea do BNG de Narón formouse para coller ideas e camiños de cara apostar e defender un Narón moito mellor do que hoxe.
Esta fin de semana apredimos "o modelo urbano" dos mellores

En Pontevedra non mudaron de Plan xeral desde hai décadas, non lles fixo falta porque apostaron por un modelo polo que xa ninguén se atrevería a mudar. Unha cidade que, desde que o BNG entrou a gobernar alá polo 1999, medrou 15.000 habitantes. Unha cidade onde o pequeno comercio segue abrindo, onde a media de idade de vida é a maior das cidades galegas ou onde o 90 % fai a compra andando. Isto é unha parte , logo veñen os servizos que chegan a todas as parroquias, as nenas e nenos que van sós á escola ou, por poñer só un exemplo, o servizo de correos que é o máis eficiente e menos tarda en realizar o seu traballo de todo o estado español porque non teñen que parar en dobre fila ou esperar que saia un coche... que dicir dos cero atropelos mortais desde hai anos e da felicidade dos seus habitantes.

Moitas cousas que poderíamos enumerar e moito traballo de anos, unha mellora constante e a idea máis revolucionaria: un cidadán e cidadá vale o mesmo estea nunha parroquia das aforas e rural a un barrio do centro, tratar o espazo público coma un ben de primeira necesidade, como a sanidade ou a educación, unha idea transversal e onde todas e todos temos que estar implicadas. Países de todo o mundo seguen a estudar este modelo do BNG que en 2015 a ONU galardoou co "premio - HÁBITAT", así parece un premio máis... porque ademais son das cousas que non nos van contar na galega pero é un premio onde se presentaron 4.500 proxectos de 196 países e que gañou Pontevedra. Por algo será-

Outro Narón é posíbel, e non só temos o exemplo de Pontevedra: ahí está Carballo, Allariz, San Sadurniño ou Moeche por citar só uns exemplos e aí estaba Narón no desconfinamento cando se atopou que nin tan sequera tiñamos lugares onde pasear e a única solución foi cortar un tramo de estrada que volve a ser só dos coches. Pero podemos transformar a realidade concentrando o tráfico nas vías de alta capacidade (que temos) e deixando as demais para usos cercanos, de servizos , de garaxes. Facendo que cada rúa e cada espazo da nosa cidade sexa seguro, teña un lugar onde sentarse e onde xogar tamén. Reclamando a titularidade da estrada de Castela á Xunta de Galiza e facendo o mesmo cos viais da Deputación. Non queremos parques pechados e coches circulando ao redor... o que queremos é unha cidade que NON te expulse se eres maior ou moi pequeno. Non queremos en cada comisión de obras (como nos vemos obrigadas agora) a reclamar o lixo que hai que recoller, os colectores que hai que poñer, as rúas que hai que parchear, ou as ratas que hai que eliminar...

Outro apartado sería xa as zonas verdes e rutas de sendeirismo onde o estado é moi mellorábel... non queremos seguir así, queremos un MODELO URBANO ONDE AS PERSOAS SEXAMOS O CENTRO, QUE INTEGRE RURAL E URBANO E QUE VALGA PARA UNIR E TER TODOS OS USOS A MENOS DE DEZ MINUTOS DO NOSO FOGAR.

Agradecer ao actual concelleiro de urbanismo de Pontevedra, Xaquín Moreda e a Manuel Tato por estaren explicándonos o mellor modelo, polo menos o mellor entre os 4.500 proxectos presentados de 196 países para o premio -HÁBITAT da ONU.

Seguimos #MercemosUnNarónMellor

Esta fin de semana apredimos "o modelo urbano" dos mellores