EFEMÉRIDES DO TRABALLADO PERO SOBRE TODO TAREFAS PARA SEGUIR CONQUISTANDO SOÑOS

Dous anos despois das eleccións municipais na que subimos votos e gañamos a parroquia de Doso

Formación goberno
O concelleiro Geno Carballeira e a nosa portavoz municipal Olaia Ledo
O día 15 de xuño de 2021 fixo dous anos que os concelleiros Olaia Ledo e Geno Carballeira prometían defender os intereses da veciñanza de Narón.
Dous anos despois das eleccións municipais na que subimos votos e gañamos a parroquia de Doso

O día 15 de xuño de 2021 fixo dous anos que os concelleiros Olaia Ledo e Geno Carballeira prometían por imperativo legal e desde o BNG defender os intereses da veciñanza de Narón. Dous anos nos que se traballou moito desde a asamblea do BNG para marcar axenda, poñer o importante de primeiro e conseguir moitas cousas que beneficien a Narón. O resultado é positivo e a ilusión segue intacta. Reforzámonos na idea de que a oposición é util para chegar a acordos, o 95% das nosas mocións foron aprobadas e puxemos na axenda do grupo de goberno o que considerabamos primordial. Ademais sumamos na pandemia, ofrecémonos colaborar sempre e nos tiveron en fronte cando considerabamos inxusto.

Nestes dous anos puxemos moitas cousas na axenda: o Muíño das Aceas arredor do cal fixemos unha campaña polo seu importante deterioro e de limpeza da ría e da ruta dos Muíños; a accesibilidade, á que tan só se adica o 1 % dos orzamentos; un plan de reactivación para o barrio da Solaina, dos máis antigos do concello e que precisa unha gran mellora a curto prazo, estase vendo como día tras día pechan negocios de barrio e se poñen vivendas á venta; conseguimos radioloxía clínica para o novo centro de saúde despois dunha gran campaña e recollida de sinaturas, levando tamén ao parlamento de Galiza a pregunta de por qué non ía incluído nun centro novo dun concello de preto de 40.000 habitantes e que tque presta servizos no PAC veciñas e veciños de concellos próximos como Neda ou Valdoviño (seguimos a loitar por psicoloxía clínica); unha moción co apoio de Avante LGBTI+ para incluír accións de inclusividade nos centros de ensino e no espazo público; promover declaracións institucionais en apoio a traballadores en folga; campañas a favor do comercio e do producto local; pedimos na pandemia da COVID-19 unha web específica para informar á veciñanza da situación do noso concello e que se conxelaran as taxas de lixo, auga nos comercios pechados; poñerr no foco a situación do lixo que tantos problemas acarrea nas parroquias e barios foi outro dos nosos empeños... e moitas máis cousas que poderiamos nomear pero somos conscientes de que o importante é o futuro. Sentímonos orgullosas e orgullosos do traballo desenvolvido pero toca seguir.

Prioridade é dotar a Narón dunha residencia pública de maiores, campaña que temos en marcha coa recollida de sinaturas e que tamén presentamos no parlamento galego; levar a fibra óptica a toda a veciñanza de Narón, sen discriminación entre o rural e o urbano, tal e como marca a normativa europea; psicoloxía clínica e máis persoal sanitario e administrativo para o novo centro de saúde; nuclear o rural; un CIM (Centro de información á muller) para o noso concello onde se atenda ás mulleres e á xente do colectivo LGBT+; a renovación da casa da Xuventude; hortos urbanos; un plan de mobilidade sostíbel; transporte público para o rural; cultura e deporte na rúa; accesibilidade e inclusividade; plans directores nos distintos barrios; recuperación e rehabilitación dos edificios históricos que marcan a nosa historia e tan só nos lembramos deles cando están a piques de caer; tratamento de residuos sostíbel e eficiente, cultura na rúa, convivnecia na rúa, facer de Narón un lugar amábel para vivir, promover a economía do concello, transporte público aos polígonos industriais, transporte a demanda no rural, centros comerciais abertos...

Por todo isto e máis, parabenizamos ao noso grupo municipal que tan ben recollen as nosas propostas e nós seguiremos e seguimos porque merecemos un Narón mellor e o futuro está nas nosas mans mudalo.

 

 

Dous anos despois das eleccións municipais na que subimos votos e gañamos a parroquia de Doso