Moción municipal sobre os eólicos en Narón

20210519_101836
presentación moción eólicos

O BNG de Narón presenta unha moción xunto a Manuel Rico González , presidente da AVV “Rosa dos Ventos” de Sedes inserida dentro dunha campaña en todo o país no que o bloque defende que Galiza decida sobre a enerxía que produce. A  parroquia de Sedes comparte o “parque eólico de novo” con Valdoviño e vai ser repotenciado.

Moción municipal sobre os eólicos en Narón

O BNG apela a un modelo participativo cunha nova lexislación que garanta a participación da sociedade galega no boom eólico sen precedentes que está a sufrir Galiza “as grandes empresas do oligopolio eléctrico e os gobernos da Xunta e do Estado pretenden que Galiza sexa unha gran produtora para beneficio das grandes eléctricas a cambio de nada. Nós defendemos fronte aos macroparques unha ordenación a pequena escala coa participación de concellos e comunidade de montes” declara Olaia Ledo, voceira do grupo municipal de Narón.

En Narón, hai pensada unha repotenciación no único parque que hai na actualidade “que se ben pode ser positivo hai que estar atentas as poligonais e aos usos que afectan a mudanza dos muíños actuais por outros de 200 metros. Por iso comezamos a informar. Tamén estamos pendentes, ante a falta de información oficial, a outro parque que podería ser instalado nas parroquias do Val e San Mateo de Trasancos no noso concello puidendo incluso afectar a vivendas” informa Ledo.

Nesta campaña en Narón, o BNG xa tivo un encontro no que participou o técnico de enerxías renovábeis Xosé Manuel Golpe e asociacións das parroquias onde poden instalarse parques eólicos no concello e onde xa informaron da moción municipal que vai a pleno e que busca posicionar ao concello contra a coñecida “lei de depredación” (Lei 5/2017, do 19 de outubro) que se complementa con outra, moi preocupante para os nacionalistas que é a Lei 9/2021, do 25 de febreiro que, afirman, baixo a escusa de simplificar trabas administrativas pon a todo o territorio galego ao servizo das multinacionais “que non nos conten contos candopechan empresas como ISOWAT ou Siemens Gamesaa única fábrica que hai en Galiza para a construción de muíños e que agora se deslocaliza” indican desde o BNG de Narón.

Moción municipal sobre os eólicos en Narón