O BNG de Narón rexistra varias mocións no pleno, en apoio ás traballadoras de Alcoa, á reapertura dos Centros de Día e en apoio ao día do Orgullo

O pasado 25 de xuño celebrouse, como cada último xoves de mes, o Pleno Ordinario no Concello de Narón, no cal presentamos dúas mocións, unha apoiando as traballadoras da factoría Alcoa San Cibrao e outra pedindo a reapertura dos centros de Dia para a atención dos nosos maiores. Ademáis levamos unha proposta en apoio ao día do Orgullo, que se celebra o día 28 de xuño, a cal se presentou como Declaración Institucional.
O BNG de Narón rexistra varias mocións no pleno, en apoio ás traballadoras de Alcoa, á reapertura dos Centros de Día e en apoio ao día do Orgullo

O pasado xoves celebrouse o Pleno ordinario, como cada último xoves de mes.

Presentamos unha moción sobre a nacionalización de Alcoa. A plantilla da empresa da Mariña está a mobilizarse para impedir o peche de Alcoa, que xa no mes de marzo comezou unha parada das cubas de electrólise, que aínda que en principio era temporal, parecía preludiar xa o camiño cara a un posíbel peche. A empresa ven de anunciar un ERE que afectará a máis de 500 persoas, sen agardar ningunha negociación que permita o mantemento da factoría. A principal causa de peche de empresas coma Alcoa son os altos custos da enerxía eléctrica, imprescindíbel para a producción na factoría. 

A través da nosa moción pedimos a nacionalización de Alcoa, que xa no seu día foi pública e nunca debeu privatizarse, e así non se perderían os postos de traballo e o futuro do principal motor económico da comarca da Mariña. "Nin o marco normativo galego, nin o do Estado, nin o Europeo impiden a nacionalización de Alcoa, polo tanto esta solución só necesita de vontade política das Administracións públicas", como ben dixo a portavoz Olaia Ledo. Tamén solicitamos unha tarifa eléctrica galega que nos permita ás familias galegas beneficiarnos da riqueza enerxética do noso país, e favoreza a viabilidade da industria asentada no noso territorio. Así como por en funcionamento o Estatuto do Consumidor Electrointensivo que permita que factorías coma Alcoa poidan manter a súa actividade e garantir os postos de traballo.

Levamos a Pleno o caso dos centros de Día. Somos a única comunidade autónoma xa que os mantén pechados. E, o pasado 13 de xuño, no DOGA, vén de aprobarse a apertura dos parques infantís, piscinas e outras medidas que corresponden aos concellos sen ningunha axuda da Xunta de Galiza, que implica para estas administracións un sobreesforzo ou, en moitas ocasións, non poder abrir, mentres nas competencias propias da Xunta (centros de Día, escolas infantís...) decidiron pechar ata setembro, complicando a conciliación e a atención das persoas maiores.

As familias das persoas usuarias e as traballadoras destes centros advirten do risco de que se deteriore a súa saúde, e a todo isto hai que sumar a sobrecarga que o peche destes centros implica para as súas familias e os problemas de conciliación. Dende o BNG de Narón instamos á Xunta a que abra estes centros, con todas as garantías, reforzando persoal se é preciso, co protocolo de seguridade sanitaria que se precise. "O noso grupo municipal cre firmemente na necesidade da continuación e apertura dos servizos ofrecidos nos centros comunitarios e nos centros de día. De todos xeitos, agora máis que nunca, despois de ver os resultados catastróficos nestra crise do COVID-19 nalgúns centros de maiores xestionados por empresas privadas, debemos defender máis que nunca a xestión públlica dos servizos ofrecidos aos nosos maiores" afirma o noso concelleiro Geno Carballeira.

O día 28 celébrase o día do Orgullo, conmemorando a revolta iniciada en Nova York por mulleres trans no ano 69. No Pleno de Narón saíu adiante unha Declaración Institucional levada ao mesmo polo Grupo Municipal do BNG, apoiando este movemento con distintos actos a realizar no mesmo, como colgar a bandeira no Concello, iluminación dalgunhas zonas do concello, etc...

 

O BNG de Narón rexistra varias mocións no pleno, en apoio ás traballadoras de Alcoa, á reapertura dos Centros de Día e en apoio ao día do Orgullo