MELLOR LOCAL, MELLOR GALEGO

O BNG de Narón presenta a campaña en defensa do comercio de proximidade e dos produtos galegos

IMG-20201214-WA0011
O BNG Naronés presentou unha campaña en apoio aos establecementos de Narón e fixérono coa xerente do parque infantil "Burbujas", agora pechado polas restricións.
O BNG de Narón presenta a campaña en defensa do comercio de proximidade e dos produtos galegos

Olaia Ledo e Marta Grandal, voceira municipal e responsábel local do BNG de Narón, presentaron, xunto a Vanesa Maseda, xerente do parque infantil Burbujas, a campaña da localidade que se centra en promover na cidadanía a compra no comercio de proximidade e que acuda aos establecementos do seu barrio e cidade nun contexto da pandemia que está a agravar a situación crítica que xa viña arrastrando o pequeno comercio galego, ameazando a viabilidade de moitos establecementos e de centos de postos de traballo en Narón dixeron hoxe: "É unha campaña que se basea en tres eixos: por unha banda apoiar aos produtos galegos do sector primario, por outra mercalos nas tendas dos nosos barrios ou parroquias e por outra incentivar a mercar nos establecementos das persoas emprendedoras de Narón", explica Marta Grandal.

A campaña contará con agasallos nas redes para quen envíe unha foto mercando no comercio local unha vez rematadas as festas e indican desde o bloque que "só queremos apoiar e dar voz ás persoas que abren cada día, persoas dispostas a axudar ao cliente e manter unha conversa, persoas que manteñen vivas as nosas cidades e vilas. Narón non é o mesmo co cartel de se vende nos baixos das rúas pero para iso temos que ser responsábeis e mercar na tenda que temos cerca" declara Olaia Ledo.

O BNG realiza esta campaña a nivel galego e en Narón quixeron facelo no que eles consideran un sector moi castigado, como son os parques infantís, "demóstrase unha vez máis que as galegas e galegos nunca nos rendimos, Vanesa Maseda tivo que pechar o seu negocio pero hoxe fai cestas e produtos por encargos para estas datas noutro lugar próximo a aquí e, ademáis, cede as instalacións do parque infantil para recoller xoguetes para unha campaña para quen non poida mercalos" declara Ledo. Vanesa Maseda explicou que no seu caso non tivo acceso a ningunha axuda por encontrarse de baixa no momento do confinamento aínda que sí estaba o parque infantil aberto. "Precisamos axudas directas, os autónomos non só deixamos de ingresar se non que ademáis temos que seguir a pagar cousas. Nós reinventámonos en verán, adquirimos materiais de limpeza exclusivos, tomamos mías medidas que as que nos esixían pero aínda así tivemos que pechar de novo" afirma Vanesa Maseda que indica que a situación é moi crítica e coas cestas só desexa que lles valga para financiar os gastos.

O BNG de Narón presenta a campaña en defensa do comercio de proximidade e dos produtos galegos