O BNG de Narón organizou un encontro dixital sobre o tratamento de residuos urbanos e o modelo SOGAMA

O BNG de Narón organizou dentro da campaña “conversas en rede” un encontro dixital baixo o título “por un modelo de recollida de residuos sustentábel” na que participaron o deputado do parlamento galego, Luís Bará e o catedrático de enxeñería química da USC ,Manolo Soto. Moderou o debate a nosa portavoz municipal e responsábel da comisión nacional de ecoloxismo.
O BNG de Narón organizou un encontro dixital sobre o tratamento de residuos urbanos e o modelo SOGAMA
Esta semana, organizamos un encontro dixital onde concluíron que o modelo SOGAMA é “obsoleto, fracasado, ineficiente, costoso e ambientalmente indefendible” ademáis dun sistema centralizado que vai en contra de todas as normativas europeas. “Só recicla o 13% e estamos á cola do Estado”. SOGAMA, explicou Luís Bará, sen materia orgánica carece de combustible porque é “o seu alimento” pero mércanllo ao seu socio, Gas Natural, como nun  “ círculo vicioso”. Esa, dixo, é a filosofía de SOGAMA e do Partido popular, a de Juan Palomo, “yo me lo guiso, yo me lo como . Desde o bloque confirmamos que a lei aprobada no parlamento galego naceu caduca ao fixar obxectivos de reciclaxe cara o 2023. Isto é debido a que os obxectivos marcados pola UE (e tamén pola lei estatal) de reciclaxe de residuos son do 50% no 2022 para concellos de máis de 5.000 habitantes “se non somos sustentábeis non teremos futuro e se só invertimos en propaganda mala herdanza deixamos ás nosas fillas e fillos. Somos 295 concellos os que estamos obrigados a estar en SOGAMA pero hai exemplos municipais que desbotan o modelo da Xunta” afirma Olaia Ledo, voceira municipal do BNG de Narón e que onte moderou o coloquio que consistía en preguntas e respostas das persoas participantes. Para conseguir os obxectivos de sustentabilidade no BNG marcamos prioridades “o mellor residuo é o que non se produce, se se produce o mellor é o que non hai que recoller e, se hai que recollelo, o mellor é o que non se transporta. Isto facémolo no plan Revitaliza o BNG desde a Deputación de Pontevedra e xa hai moitos concellos de todas as cores que están a mellorar moitísimo as porcentaxes de reciclaxe”  declarou Luís Bará, deputado do BNG e responsábel de Medio Ambiente no parlamento galego.
O BNG de Narón organizou un encontro dixital sobre o tratamento de residuos urbanos e o modelo SOGAMA