Apostamos polo produto naronés e galego e pola súa comercialización

FB_IMG_1607953867752
A proximidade das festas do Nadal e o que iso implica dende o punto de vista do consumo pode e debe ter un efecto positivo na economía galega. Defendamos a nosa artesanía, música, libros, xoguetes e produtos que se crean directamente no noso país, defendamos os sectores primarios como a gandería, peixes e mariscos, a horta galega, defendamos o comercio de proximidade... todo isto redunda na nosa economía.
Apostamos polo produto naronés e galego e pola súa comercialización

As compras de Nadal constitúen unha boa oportunidade para darlle forma práctica e didáctica á defensa da nosa artesanía, música, libros, xoguetes e unha cantidade de produtos que se crean directamente no noso país e, polo tanto, redunda na nosa economía. O BNG sempre defendeu a compra de produtos do país no pequeno comercio, é a base da nosa economía e o que lle da vida aos nosos barrios e concellos, ademáis de termos a garantía dunha atención personalizada.

É o momento, alén do apoio ao comercio, da promoción de produtos galegos nos nosos establecementos como un xeito de defender os nosos sectores produtivos, de transformación e de distribución, que loitan fronte aos xigantes do comercio electrónico e grande escala internacional. En Narón non só é importante promover o pemento do couto ou o tomate negro, que levan unha campaña específica moi positiva, se non que tamén é moi importante promover a gandería, peixes e mariscos, e a horta galega e do noso concello como a mellor maneira de consumir para as naronesas e naroneses.

Desde o BNG apostamos por prestixiar os nosos produtos primarios e por facilitar a súa comercialización, as persoas produtoras obteñen o máximo beneficio, e  as actividades agrogandeira, pesqueira e marisqueira e, a súa transformación e comercialización, convértense nun factor de xeración de emprego e dinamización económica neste país, que tanta falta fai nestes momentos de crise e pandemia.

Temos comercio e produtos de primeira. Reivindiquemos a artesanía, a música, os libros, os xoguetes non sexistas, feitos na Galiza e reinvistamos na economía local.

A proximidade das festas do Nadal, e o que iso implica dende o punto de vista do consumo (aínda tendo en conta as restricións provocadas pola pandemia), pode e debe ter o seu efecto positivo na economía galega.

Está na nosa man modificar hábitos, potenciar a nosa economía e dar saída á produción naronesa e galega, de extraordinaria calidade.

Estamos levando adiante unha campaña tendo en conta todos estes sectores de sensibilización de consumo coa que se quere contribuír a frear o peche de tendas e a destrución de postos de traballo por mor da crise económica e da pandemia da COVID-19, destacando a potencialidade e a calidade dos produtos galegos, como motor para a dinamización dun pequeno comercio local que aposta pola calidade, innovación e especialización. 

Por todo isto e en defensa do noso país, pedimos no Pleno do mes de decembro que o Goberno Municipal inclúa na súa campaña do comercio para apoiar e incentivar o comercio de proximidade, unha para fomentar a compra de produtos galegos aproveitando a tempada de Nadal e que valga para ser continuada no tempo e axude a promover a calidade do sector primario do noso concello, a artesanía e o emprendemento.

Apostamos polo produto naronés e galego e pola súa comercialización