O NOSO PROGRAMA ELECTORAL PENSADO PARA POÑER AS PERSOAS NO CENTRO. TRANSFORMAR A REALIDADE E GAÑAR O FUTURO

Programa Municipais 2019 para Narón

Captura de pantalla 2019-05-09 a las 8.18.41
Captura de pantalla 2019-05-09 a las 8.18.41

Temos un obxectivo claro: construír un concello para as persoas e o seu benestar no centro de todo.

Presentamos agora un proxecto para Narón con ideas e actuacións que van desde o inmediato ata o medio prazo. Un proxecto no que Narón será o concello do que todas nos sintamos persoas orgullosas, o Narón no que todas queiramos vivir e ver medrar a nosa familia, un concello para descansar, traballar, ir de compras ou simplemente gozar. 

 

 

Programa Municipais 2019 para Narón

 

O impulso que precisa Narón só pode vir da man do BNG que conta coa valentía, o bo facer e a liberdade para levalo con rumbo certo. Temos exemplos diversos no país que son a garantía de que só o BNG pode facelo: transformar a realidade na que todas as persoas gañamos. Narón funciona pero non ilusiona. Que todas as persoas sexamos capaxes de sentirnos orgullosas de pertencer a este gran concello feito de persoas traballadoras que viñeron, volveron ou levan toda unha vida é a maneira de ter o futuro de benestar que todas queremos para nós. Temos ideas e ganas, contamos contigo para devolver Narón aos cidadáns e cidadás, sen exclusións. Integrar rural e urbano, todo o concello, non só unha praza, un parque, unha zona de xogos, un barrio se non a cidade de Narón no seu conxunto, sen facer perigosas distincións que poidan producir desigualdades. Tendo claro o obxectivo, a ferramenta imprescindíbel para construír son os principios políticos e velaquí tedes o noso programa:

http://naron.bng.gal/media/naron/files/2019/05/09/4-5956033571171861826.pdf

Programa Municipais 2019 para Narón