No BNG iniciamos a lexislatura cun obxectivo claro: construír un concello para as persoas e o seu benestar no centro de todo. Devolver Narón aos cidadáns e cidadás, sen exclusións. Para iso sempre fomos conscientes de que hai que integrar rural e urbano, todo o concello, non só unha praza, un parque, unha zona de xogos, un barrio se non a cidade de Narón no seu conxunto, sen facer perigosas diferenzas que poidan producir desigualdades. As rúas son un dereito e un mecanismo de cohesión social da mesma orde que a sanidade, a educación ou a cobertura social.
Portadas
Poñer a vida no centro. Álbum de deseños e fotos
08 maio 2020 - 09:35
comentarios