O 19 de Outubro no BNG de Narón realizamos un xantar popular na parroquia de Doso. Agradecer a todas as persoas que decidistes achegarvos a pasar unha xornada de confraternización na parroquia onde o BNG gañou nas últimas municipais, seguiremos as vindeiras semanas a reunirnos nas diferentes parroquias co tecido asociativo. Damos así inaugurado o curso político 2019 - 2020, que ven cargado de ilusión e novos retos comezando polas xerais do 10 de novembro e continuando coa actividade municiapl e galegas. Desde o concello estamos a traballar en levar todas as vosas inquedanzas e hai cousas que xa foron aprobadas mais tamén para facer unha oposción construtiva que valga para mellorar Narón... temos moito traballo e contigo conseguirémolo. Se queres recibir mçais información podes escribir ao [email protected]
Vémonos na rúa