Traballamos na rúa e nas institucións para mellorar o futuro e conquistar benestar. O BNG é a nosa ferramenta colectiva, democrática, aberta e viva, ao servizo de todas e todos nós, do pobo galego. Somos asemblearios e plurais. No BNG danse a man tódalas causas xustas: os dereitos sociais e laborais, a defensa da terra, a loita feminista, os movementos LGTBIQ, o activismo social e cultural, a defensa da lingua, a loita internacionalista... e mostramos unha escolama pequena de todo o traballo que facemos en Narón, parroquia a parroquia e na que ti tes sitio para sumar , para aportar para que o futuro sexa mellor si ou si porque nós sabemos que vivimos nunha terra rica, con enormes recurosos e cun pobo con enormes potencialidades mais hai que quere arpoveitarse diso e non deixarnos avanzar. Por iso loitamos, porque cada día sexa un paso cara adiante.
Novas
O noso traballo na rúa
17 set. 2018 - 22:26