NOVAS

Municipais, imos alá!

Video gravado e editado por Olaia Ledo, candidata polo BNG á alcaldía de Narón onde a militante e compañeira Lidia Romero móstranos o Narón que queremos construír e que sabemos que só é posíbel desde o modelo de "Concellos BNG". Exemplos temos dabondo: San Sadruniño, Moeche, Carballo, Allariz, Tomiño, Muras, Bueu, Pontevedra... mais todas elas forman parte dun proxecto político capaz de efectivizar a mellora para todas as persoas. Facer cidades e vilas onde a inclusividade, a igualdade, o medio ambiente, a saúde, os servizos públicos, o comercio local sexan signo de identidade e progreso, e o orgullo de pertencer a un espazo que soñas para os teus fillos e fillas e que sexa unha realidade. "Pode outra organización facelo?" preguntáronlle a Lores, alcalde de Pontevedra un xornalista, a resposta foi contundente "non, só o bng e capaz de efectivizar o seu proxecto político onde priman as persoas" Nós traballaremos para escoitar, aprender e facer unha cidade de todos e todas onde por fin integremos rural e urbano, e alí onde haxa algún que queira un Narón mellor, pedimos que confíen en nós. #QueremosNarón, si... pero #QueremosMáis #IdeasClaras

Municipais, imos alá!