Xoves 3 de Xaneiro ás 17h (fronte ao local social da Solaina) o Concello de Narón inaugura a praza 13 de Marzo en memoria das mulleres que iniciaron a "Revolta Popular de Marzo de 1918". Animamos desde aquí e coas verbas da concelleira de Igualdade e Promoción Social, Teresa Sabio, a asistirdes ou anotar na axenda coñecer este parque da nosa cidade e lembrar a nosa historia porque, como dixo Avilés de Taramancos "A camelia existiu ao dicir o seu nome". Nós lembramos a Revolta das mulleres e miramos ao futuro sabendo que só perde quen deixa de loitar.
02 de xaneiro de 2019 (17:12 h.)
comentarios