O futuro da escola unitaria de Pedroso
Esta semana realizamos pregunta parlamentar para reclamar a reapertura da escola unitaria de Pedroso e participaremos no calendario de mobilizacións que están a preparar as familias afectadas
Esta semana realizamos pregunta parlamentar para reclamar a reapertura da escola unitaria de Pedroso e participaremos no calendario de mobilizacións que están a preparar as familias afectadas
O pasado 27 de decembro, o pleno do Concello de Narón aprobaba, con 15 votos a favor, catro abstencións e un só voto en contra os Orzamentos de 2019. Os orzamentos máis altos da historia da que é a oitava cidade galega: 32,9 millóns de euros.
Destinar recursos a outras partidas que consideramos prioritarias é hoxe un fin con estes orzamentos: podemos facer fronte aos 850.000 euros que aportamos este ano á construción do novo centro de saúde; aumentamos en 400.000 euros a atención á dependencia (2,1 millóns, o dobre que en 2017) e subimos o capítulo de investimentos máis dun 5%,, que a diferenza do que acontecía na época de vacas gordas, acometeranse maioritariamente con fondos propios. Aquí podemos encadrar, grazas á colaboración coa Deputación e co Concello de Ferrol na xestIón dos fondos europeos (EDUSI), obras de saneamento e eficiencia enerxética, a construción dun campo de herba artificial en Río Seco ou a rehabilitación, anceiada desde hai unha década, dun dos máis grandes expoñentes do patrimonio da comarca: o Muíño de Xuvia.
Olaia Ledo, candidata á alcaldía de Narón, explica o por qué estamos a recoller sinatura contra a estafa das eléctricas.
mellora estrutural nos centros de ensino, dotación de radioloxía no novo centro de saúde, transferencia das garderías municipais á Xunta, unha residencia de maiores pública na cidade e obras de mellora nos viais e tamén de abastacemento e sanemento no rural son algunhas das medidas que afectarían directamente á nosa cidade.
Narón, 10 de novembro de 2018. A asamblea do Bloque Nacionalista Galego de Narón vén de proclamar a Olaia Ledo Díaz candidata da formación ás eleccións municipais de 2019
Video gravado e editado por Olaia Ledo, candidata polo BNG á alcaldía de Narón onde a militante e compañeira Lidia Romero móstranos o Narón que queremos construír e que sabemos que só é posíbel desde o modelo de "Concellos BNG". Exemplos temos dabondo: San Sadruniño, Moeche, Carballo, Allariz, Tomiño, Muras, Bueu, Pontevedra... mais todas elas forman parte dun proxecto político capaz de efectivizar a mellora para todas as persoas. Facer cidades e vilas onde a inclusividade, a igualdade, o medio ambiente, a saúde, os servizos públicos, o comercio local sexan signo de identidade e progreso, e o orgullo de pertencer a un espazo que soñas para os teus fillos e fillas e que sexa unha realidade. "Pode outra organización facelo?" preguntáronlle a Lores, alcalde de Pontevedra un xornalista, a resposta foi contundente "non, só o bng e capaz de efectivizar o seu proxecto político onde priman as persoas" Nós traballaremos para escoitar, aprender e facer unha cidade de todos e todas onde por fin integremos rural e urbano, e alí onde haxa algún que queira un Narón mellor, pedimos que confíen en nós. #QueremosNarón, si... pero #QueremosMáis #IdeasClaras
Narón, 11 de setembro de 2018. O grupo parlamentar do Bloque Nacionalista Galego vén de rexistrar na Cámara unha batería de preguntas á Xunta de Galiza sobre a situación de desamparo na que se atopa un menor de idade de Narón que está a sufrir acoso escolar, como recoñece unha sentenza do xulgado de Ferrol que se fixo pública o pasado 17 de xullo e que recolleron os medios de comunicación nos últimos días.