O BNG vota a favor da moción do Partido Popular que reclamaba autonomía financieira para Galiza

Desde o BNG levamos anos reclamando unha facenda propia no noso país, polo que apoiamos a moción que o PP levou a pleno reclamando que a Comunidade Autónoma galega exerza as competencias financieiras que por lei pode facer.
O BNG vota a favor da moción do Partido Popular que reclamaba autonomía financieira para Galiza

O Grupo Municipal do BNG apoiamos esta moción que pide poder exercer as competencias financieiras que por lei pode facer a Comunidade Autónoma galega e que agora están a ser centralizadas polo goberno español a pesar de que os nacionalistas as consideran insuficientes “Nós, apostamos por un concerto económico como o que ten o País Basco ou Navarra e poder ter as chaves dos nosos cartos para poder incidir nas necesidades e ser máis sociais. O que nos preocupa é que o goberno do estado recade en Galiza e non nos devolva nen a metade do que aportamos ou mediante distribucións inxustas como foron o recortazo nos últimos orzamentos do estado” indica Geno Carballeira, responsable da comisión de facenda do BNG.

O BNG vota a favor da moción do Partido Popular que reclamaba autonomía financieira para Galiza